Novidades no Campionato Galego: Equipo de medición indirecta nos lanzamentos longos e lotes de productos de Mar de Couso para os vencedores

Varias van a ser as novidades neste Campionato Galego que se celebrará o vindeiro sábado nas pistas do estadio da Juventud. Estrearase o novo equipo de medición indirecta recentemente adquirido pola FGA. Este equipo, de última tecnoloxía, homologado pola RFEA, supón un avance na modernización dos métodos de control e medición, que redundará na mellora do nivel de actuación do colectivo galego de xuices, coa incorporación dos avances tecnolóxicos ao mundo do atletismo. Asemade supón unha gran axuda, sobretodo na precisión da medición dos lanzamentos longos. Galicia ca adquisición deste equipo pasa a formar parte do reducido grupo de federacións que contan con esta tecnoloxía. ´Por outra parte a F.G.A. entregará aos vencedores de cada proba un lote dos exquisitos productos de Mar de Couso, conserveira galega proveedora oficial dos Xogos Olímpicos 2008.

Compartir: