Resultados

Grave lesión de Luis Moro

As previsións máis pesimistas confirmáronse na tarde do luns e a lesión que se producía o pertiguista internacional do Club ADAS Luis Moro durante a celebración do cto. de España Promesa lle supuxo a rotura do ligamento cruzado do xeonllo esquerdo, así como a rotura parcial do ligamento lateral interno. Luís atópase con ánimos para superar esta grave lesión, pero conscente de que a recuperación, segundo os médicos, non será inferior aos 8 meses. Luís será operado en Madrid nos primeiros días do mes de Agosto. Agardamos que o éxito acompañe na operación e na recuperación e a este xoven valor da pértega para que en moi cedo o podamos ver compitindo de novo.

Compartir: