Resultados

Fase Final da Compostela Cup

Equipos Campións Compostela CupNa mañá do sábado 21 de xuño disputouse nas pistas da Universidade de Santiago de Compostela, a fase final de atletismo en Pista da Compostela Cup. Con case 300 atletas participantes, a competición pechou a súa andaina despois de 3 fases previas disputadas en Noia (2) e en Riveira cunha exitosa final na cal participaron os atletas que obtiveron a clasificación nas fases previas.
Compre destacar a actuación de ANA DOMÍNGUEZ do Clube Atlética A Silva a cal obtivo a 2ª millor marca do ano en lanzamento de xabalina na categoría cadete, cun rexistro de 38.38 m.
Tamén resaltar a actuación do Atletismo Vila de Cangas que subiu o caixón nas categorías benxamín, alevín e infantil (tanto en homes como en mulleres) compartindo podio co Clube Atletismo Noia, co clube Olímpico de Vedra e co Athletes de Esteiro entre os máis destacados.
Con esto péchase a competición patrocinada pola Fundación Compostela Deporte, Xacobeo e Caixa Nova, e coa organización da Delegación de Atletismo de Santiago (Federación Galega de Atletismo). Agradecemento a colaboración prestada por COCA-COLA e por Cruz Vermella en toda esta andaina. [Resultados Completos]

Compartir: