Resultados

Fase final da Compostela Cup

O pasado martes 10 de xuño presentouse en Santiago a Fase Final da Compostela Cup en tódalas súas modalidades deportivas, entre as cales se atopa o ATLETISMO. Nesta presentación estiveron entre outros o Concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Andrés Fariña Cadenas, o director de marketing de CaixaNova, Jorge Santos, o subdirector Xeral de Turismo da Consellería, Xavier Valiño e o director da Sociedade Xestora do Xacobeo, Marcial Rodríguez. A Federación Galega de Atletismo non faltou a esta cita e estivo representada polo seu presidente Isidoro Hornillos e por Iván Sanmartín, delegado federativo en Santiago. Neste acto publicáronse de xeito oficial as datas das fases finais do Atletismo en Pista e do Atletismo en Ruta, as cales disputaranse en Santiago de Compostela os sábados 21 de xuño e 28 de xuño respectivamente. Horario Clasificados

Compartir: