Resultados

Última hora, Campionato España cadete por autonomías. A selección galega cadete acada ata o momento 7 metais, situándose entre as 6 primeiras comunidades

O atletismo galego segue a cosechar triunfos neste fin de semana. Dende Murcia comunícannos a obtención de 7 medallas e o establecemento dun novo record galego a cargo de Sonia Beceiro nos 100 m.v. cun rexistro de 15´´15´. As medallas acadadas polos galegos ata o momento son: Ana Dominguez, 1ª no lanzamento de xavalina, Carlos Porto 1º nos 1000 m.l., Sonia Beceiro 1ª nos 100 mv, Rocio Carbia 2ª nos 3 km marcha, Lorena Guitián 2ª no salto de altura cun mellor rexistro de 1,66; Sandra Don 3ª no lanzamento de martelo, e Carlos Moro 3ª nos 300 m.v. Por comunidades Galicia obtivo un extraordinario 5º posto na categoría femenina e 8º na masculina. Nestes intres a expedición atópase na viaxe de regreso e ten prevista a súa chegada a Galicia por volta das 5 ou 6 da madrugada. Noraboa a todolos atletas e técnicos participantes!

Compartir: