Dous ouros, unha prata e un bronce, foi o balance das atletas galegas e galegos que tomaron parte durante a pasada fin de semana no Campionato de España Unviersitario de atletismo que se disputou en León.
Os títulos viñeron da man do sector dos lanzamentos, onde unha clara favorita no concurso de peso, a olímpica e plusmarquista de España Belén Toimil (UCAM), lograba un mellor lanzamento de 17.47 m. Carmen Sánchez (UCAM) pola súa banda, facía o propio nun concurso de xavelina que domiñaba claramente con 48.34 m. e no que a segunda posición correspondeu á representante da Universidade de A Coruña, Paula Piñón con 44.37 m.
Irene Gómez da Complutense de Madrid, repetía a prata da edición pasada ao lanzar o martelo ata os 55.61 m. o mesmo que Jacobo Soler da Universidade de Vigo que revalidaba o bronce do 2022 nos 400 m. cun bo rexistro de 47.49.
No tocante ao resto de actuacións caben salientar os postos de finalistas logrados por Carlos Revuelta en martelo, Andrea González e Uxía Sureda en xavelina; David Ngwundile nos 400 m.; Cristina garrido nos 100 m.; Hugo García nos 10.000 m.; Santiago Rozas nos 110 v.; Xavier Lires nos 400 v.; Nicolás Ortega en disco; Cristina Garrido nos 100 m.; María Fernández nos 400 m.; Branca Fernández nos 10.000 m.; Alba Pérez nos 5.000 marcha.; Andrea Villaverde na lonxitude; Xiana Lago no peso; María Ezquerro en disco e peso; Iria Filgueira, Victoria Eiriz e Eva Santos en martelo