Resultados

Iª Milla Popular ¿Quen dixo reuma?

O pasado 24 de maio a partir das 18:00 horas celebrouse nos Cantóns da Coruña (zona Obelisco) a Iª Milla Popular ¿Quén dixo reuma?, organizada pola Liga Reumatolóxica Galega, o Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo. As distancias a percorrer foron de 1000 metros para os máis pequenos e 1609 metros para o resto das categorías. Entregáronse premios a todas as categorías, tanto de homes como de mulleres, ademais dun sorteo de agasallos ao rematar as carreiras. Ao redor de 500 participantes en total foron os que curzaron a liña de meta de todas as categorias Fotos

Compartir: