Resultados

Este domingo celébrase o Campionato Galego escolar infantil

O vindeiro domingo 18 de maio terá lugar nas pistas de atletismo “Josefina Salgado”, do Complexo Deportivo de Monterrei – Pereiro de Aguiar – en Ourense, o Campionato Galego Individual Infantil de Atletismo da “Competición deportiva en idade escolar”, organizado pola Dirección Xeral para o Deporte da Consellería de Cultura e Deporte, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo.Participarán os/as atletas que se clasificaron nas fases provinciais das seguintes categorías: Infantil feminina e masculina (nados/as nos anos 1995/94).
Asemade, infórmase que as inscricións realizaranse utilizando as follas que se inclúen no documento adxunto e deberán enviarse ao Servizo de Deportes de Ourense (fax. 988 386 051 ou ao correo electrónico deportes.ourense@xunta.es) antes das 14:00 horas do 13 de maio.
Ditas inscricións remitiranse a traves dos Servizos de Deportes da provincia correspondente para que os xefes de Servizo de cada delegación da Consellería de Cultura e Deporte poidan comprobar que os atletas son os 3 primeiros do campionato provincial.

Compartir: