Novo Récord Galego xuvenil de peso a cargo de Eva Costas: 13,46 metros

A lanzadora xuvenil Eva Costas, unha das atletas galegas con maior proxección internacional, estableceu unha nova plusmarca galega da súa categoría ao enviar o artefacto ata 13,46 metros. O récord obtívoo este sábado (3/5/2008) na localidade portuguesa de Vilanova de Cerdeira. Parabéns para Eva, que evoluciona a paso firme, e para o seu adestrador, José Manuel Hermida, que está realizando un gran traballo no dificil e complexo escenario dos lanzamentos atléticos.

Compartir: