O fondista galego Jesús de la Fuente acadaba onte en Denia un meritorio 3º posto obtendo un rexistro nos 10.000 ml de 29:51:40. Na proba impúxose Reyes Estevez seguido de Iván Hierro. Salientar tamén a actuación doutros galegos que participaron na proba, Manuel Hurtado 5º cun tempo de 30:00:96 e Juan Antonio Pousa en 8º lugar cun rexistro de 30:58:24.