A cidade Olivica dará acollida o vindeiro domingo dia 13 de abril unha nova edición do Campionato Galego de 10.000 m.l. para as categorías Promesa, Senior e veterán. Da mesma maneira este campionato disputarase conxuntamente co XXIV Memorial Francisco Castro. A esta importante cita do noso calendario acude o actual campión galego de campo a través Pedro Nimo no que xunto a el tamén participará o atleta internacional madrileño (FC) José España do Marathon. Na categoría feminina destacamos a particpación da tamén campiona galega de campo a través María Jesús Gestido. Lembramos a tódolos inscritos que compre acreditar marca. LISTADO DE PREINSCRIPCION