Novamente a familia do atletismo galego volve estar de loito polo falecemento de quen fora un dos máis importantes atletas do noso deporte, José Teixeira.
Nado en 1928 en Ponteareas, comezou a practicar atletismo na escola amosando un talento que non pasaría desapercibido para os responsables das entidades do Celta e do Comesaña quenes o formarían nas súas primeiras etapas antes de dar o salto nacional e internacional. Durante ese período chegaría a militar nas seccións de atletismo tanto no Real Madrid como do Barcelona.
Malia que era un versatil corredor de todas as distancias de fondo, destacaba especialmente nas probas dos 3.000 obstáculos onde chagaría a proclamarse champión de España nos anos 1951, 1952 e 1953 ano este último, no que lograba o récord de España en París cun rexistro de 9:10.0
A súa primeira internacionalidade prodúxose no Cros das Nacións, malia que foi a terceira posición nos Xogos do Mediterráneo en Barcelona-1955 quenes o confirmaron como un talentoso atleta.
Por desgracia, e paradoxicamente, a súa carreira deportiva quedaría truncada precisamente neste último campionato con tan só 25 e a un ano dos Xogos Olimpicos de Melbourme aos que con toda seguridade podería ter acudido. A vida de aqueles anos non resultaba nada fácil para as xentes humildes, e as necesidadedes familiares obrigaron a un cambio de rumbo.
Todo o noso recoñecemento a un dos primeiros grandes pioneiros do noso deporte.
Boa viaxe querido amigo
Máis info sobre José Teixeira en ¨Vida Atlética¨ de Emilio Navaza