Ao longo da semana santa tivo lugar nas pistas da Pobra do Caramiñal a concentración do Sector do N.A.R. de Lanzamentos (Núcleo de Alto Rendemento) para as especialidades de xavalina e disco. Raimundo Fernandez, responsable do sector de lanzamentos da FGA dirixiu as sesións nas cales estiveron presentes destacados atletas como Mercedes de Santalo, Adolfo Vila ou Raimundo.