Resultados

Pontevedra acollerá o II Congreso Internacional de Ciencias do Deporte. IV Seminario Nacional de Nutrición, Mediciña e Rendemento no xoven deportista

LigazónUn ano máis reuniránse en Pontevedra máis de 400 profesionais das ciencias do deporte procedentes de todolos rincons da xeografía española e de distintos paises. O Congreso contará con recoñecidos adestradores e investigadores en distintos ámbitos das ciencias do deporte. Están programadas 10 conferencias, 2 mesas redondas e 12 cursillos de especialización que versarán sobre as 6 áreas temáticas do evento: saúde, rendemento deportivo, iniciación deportiva, xestión, ocio e tempo libre e ciencias psico-sociais. Todolos afiliados á escola galega de adestradores teñen un desconto na súa matrícula, ao igual que os estudantes, persoas que asistiron a outras edicións ou grupos dun mínimo de 10 persoas que se inscriban conxuntamente. O prazo para acollerse ao desconto remata o vindeiro 11 de Abril. Destacar a presenza no ámbito do adestramento deportivo do Doutor Nicolás Terrados que impartirá un curso sobre os medios de recuperación da fatiga, D. Carlos García-Verdugo que tratará o protocolo da relación dos deportistas e clubes cos medios de comunicación, D. Joaquín Dosil quen tratará a preparación psicolóxica dos deportistas, e D. Mariano García-Verdugo (director da EGA) que abordará as bases do adestramento en nenos e xóvenes. … (ver noticia completa)

Un ano máis reuniránse en Pontevedra máis de 400 profesionais das ciencias do deporte procedentes de todolos rincons da xeografía española e de distintos paises. O Congreso contará con recoñecidos adestradores e investigadores en distintos ámbitos das ciencias do deporte. Están programadas 10 conferencias, 2 mesas redondas e 12 cursillos de especialización que versarán sobre as 6 áreas temáticas do evento: saúde, rendemento deportivo, iniciación deportiva, xestión, ocio e tempo libre e ciencias psico-sociais. Todolos afiliados á escola galega de adestradores teñen un desconto na súa matrícula, ao igual que os estudantes, persoas que asistiron a outras edicións ou grupos dun mínimo de 10 persoas que se inscriban conxuntamente. O prazo para acollerse ao desconto remata o vindeiro 11 de Abril. Destacar a presenza no ámbito do adestramento deportivo do Doutor Nicolás Terrados que impartirá un curso sobre os medios de recuperación da fatiga, D. Carlos García-Verdugo que tratará o protocolo da relación dos deportistas e clubes cos medios de comunicación, D. Joaquín Dosil quen tratará a preparación psicolóxica dos deportistas, e D. Mariano García-Verdugo (director da EGA) que abordará as bases do adestramento en nenos e xóvenes. Todalas persoas inscritas no mesmo obtendrán de agasallo o libro “Exercicio fisico, saúde e calidade de vida”, ademais da documentación de todolos cursos e conferencias, os certificados de realización dos cursos e congreso, e diversos agasallos. O evento terá lugar os días 8, 9 e 10 de Maio no Pazo da cultura de Pontevedra, o mesmo está organizado pola Universidade de Vigo, o grupo HI 10 e o concello de Pontevedra, e conta co apoio da Dirección Xeral para o Deporte,a Fundación Deporte galego, a Diputación de Pontevedra, o Comite Olimpico Español, El Corte Ingés, Blusens, Coca-cola, entre outros. Mais información na web www.congresodeporte.com

Compartir: