Hoxe venres 22 de febreiro, publicouse no DOG a Orde do 27 de decembro de 2007 pola que se regula o réxime de concesión de premios a deportistasgalegos/as que xa teñan a súa clasificación
para os Xogos Olímpicos eXogos Paralímpicos de Pekín 2008 e de concesión de axudas para deportistasgalegos/as con opcións de participar en probas oficiais válidas para acadar a
clasificación para os citados Xogos, e se procede á súa convocatoria A destacar:
1. Prazo de presentación de solicitudes: na Dirección Xeral para o Deporte
(non na Fundación Deporte Galego) ata o 24 de marzo incluido. 2. Documentación a presentar: ademais da instancia de solicitude (Anexo
I): a) Copia do DNI. b)Certificado de empadroamento nun concello galego dende antes do 1 de Xaneiro de 2007.
c) Certificado que reflicta o lugar de nacemento. (os/as que non cumpran o apartado b).d) Anexo II: Informe da federación
e) Anexo III: Declaración de outros premios ou axudas.
f) Anexo IV: Memoria g) Anexo V: Proxecto
deportivo de preparación olímpica. h) Certificado da federación española conforme acadou a clasificación para os
XXOO/XXPP, de se lo caso 3. NOTA sobre a Instancia de Solicitude: é o Anexo I:
debe estar asinado unicamente polo/a solicitante (non pola federación). 4. NOTA sobre o Informe da
federación: é o Anexo II: todos os datos que se requiren da federación están neste documento, non é necesario presentar ningún outro.