Seis medallas, é o fantástica colleita acadada polos atletas galegos no Campionato de España Junior, que se disputou no velódromo de Anoeta (Donostia). JOSE A. PALOMANES conseguíu un novo título e, de paso, un fantástico récord de 15,45 metros no triple salto, plusmarca galega junior e promesa. A departamental PAULA MAYOBRE proclamouse campiona dos 3000 metros, evidenciando a súa volta ao primeiro plano, así como SANDRA MOSQUERA que venceu brilantemente nos 1500 m. Duas fantásticas medallas de bronce máis para a polifacética coruñesa ALBA I. LIÑARES en 60 m.valados e salto de altura. E tamén outro bronce para a velocista LIDIA REMUIÑAN nos 60 metros lisos que, a pesar dunha saída accidentada, deixou constancia dos seus grandes progresos. Parabéns aos atletas, adestradores e clubes. RESULTADOS
Fotos: xentileza de Flor Curras