A Real Federacion Española de Atletismo en colaboración, coa Federacion Galega de Atletismo e a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, organizará o Campionato de España de Clubs en categoría Absoluta Masculina e Feminina en pista cuberta. Ambas as competicións disputaranse o sábado día 11 de febreiro de 2023 no Pabellon Expourense de Ourense.
Ata alí acudirán un total de oito equipos en cada categoría nos que estarán tanto o Valencia Atletismo en mulleres como o Playas de Castellón en homes, gañadores ambos da edición do ano pasado levada a cabo en Madrid. Xunto a estos equipos estarán participando sobre o sintético ourensá o F.C.Barcelona, At. San Sebastián, Grupompleo Pamplona, Avinet Manresa, Trops-Cueva de Nerja, Atletismo Numantino, Fent Cami Mislata, Real Sociedad, Unicaja Jaén e Sociedad Gimástica de Pontevedra.
A Gimnástica de Pontevedra será o representante galego
Por parte galega estará o equipo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra que en calidade de organizador, estará compitindo en ambas categorías. Lembramos que a Sociedad Gimnástica de Pontevedra é xunto ao RIA Ferrol, os únicos equipos do noso deporte que se atopan na Divisón de Honra do atletismo nacional.
Torneo só ao alcance dos mellores equipos
Estar tomando parte como equipo clasificado nesta importante cita implica formar parte da elite xa que tan só logran a clasificación automática os catro primeiros do Campionato de España de División de Honra 2023. O resto de participantes sairán dos mellores estadillos que por marcas, teñan realizadas os seus atletas.