Resultados

David Posada, novo delegado federativo de Vigo

Logo da súa elección como Presidente o pasado día 10 de decembro, Iván Sanmartín continúa introducindo cambios e remodelacións progresivas nos distintos estamentos e organigramas funcionais da Federación Galega de Atletismo.

Si o pasado día 9 de xaneiro producíase o nomeamento de José Manuel Ruíz como delegado federativo en Santiago, no día de hoxe informamos da incorporación dun novo delegado da zona de Vigo cuxo cometido será o de coordinar un equipo de traballo formado pola Delegada de Xuices, Conchi Pérez Cerdeira, e por Miguel Martínez, quen continuará na delegación en calidade de adxunto aportando os seus destacados e importantes servizos ao atletismo vigués

David Posada Gónzalez (Vigo, 10/06/77) será desde hoxe a imaxe visible federativa na cidade olívica ca que se ten producido un importante xiro que abre unha nova etapa de entendemento e colaboración desde a chegada de Sanmartín á presidencia.

Un home da casa experimentado

David Posada comezaba a dar os seus primeiros pasos no atletismo a unha idade moi temperá da man de Carlos Pérez baixo cuxas ordes lograba os primeiros títulos de campión de España Sub20 de campo a través e campión de España de 10.000 m. no ano 1996. Foi precisamente ese mesmo ano cando debutaba a nivel internacional tomando parte nos Campionatos mundiais de cross ao que seguría a tamén convocatoria internacional para os mundiais de pista en Sydney na que lograba o récord galego da súa categoría.

A última etapa da súa vida deportiva pasaríana co mítico grupo de traballo soriano dirixido polo técnico Enrique Pascual no que se atopaban entre outros, Fermín Cacho, Abel Antón ou Roberto Parra.

Durante os últimos anos, e xa instalado en Vigo, estivo centrado na organización e xestión de eventos deportivos en especial de carreiras populares, o que lle permitiu adquirir unha ampla experiencia a nivel de xestión. Para Posada, este novo reto persoal representa ¨unha posibilidade de traballar para impulsar e mellorar o atletismo na Delegación de Vigo da man do concello e da súa Concellería de Deportes¨

Entre os seus obxectivos están os de ¨Impulsar ao atletismo na nosa cidade da man de todos os que formamos parte da Delegación de Vigo (atletas, adestradores xuíces e clubs) continuando o camiño emprendido polos anteriores delegados a quenes agradezo todo o seu gran traballo desenvolto¨

Compartir: