Resultados

A Compostela Cup bate récord participación en Riveira

A segunda xornada de pista da Compostela Cup na modalidade de Atletismo bate o récord de participación superando a cifra de 200 participantes galegos da categorías infantil. A xornada celebrada nas instalacións da Fiaiteira en Riveira contou ca presenza de 13 clubs galegos que loitaron por acadala súa clasificación para a final a se disputar en Santiago de Compostela. Lembramos que o vindeiro sábado dia 19 de Xaneiro disputarase a 1ª xornada en ruta na localidade de Boimorto na cal tamén faranse clasificacións individuais e por clubes. (02)Resultados 2 jornada Riveira Horario 1 jornada en ruta Boimorto

Compartir: