O atleta do Ourense Academia Postal, JORGE SILVA atoparase a partir do dia 7 en Torrevieja coa elite da marcha mundial, entre os cales se estarán os irlandeses Robert Heffernan, sexto no cpto. do mundo de Osaka, Jamie Costin, os polacos Gregorz Sudol, e o campión de europa sub´23 Benjamín Kucinski, o ruso ex-campión do mundo e subcampión olímpico Ilya Markov, e Paquillo Fernández. Jorge Interrumpirá a concentración para realizar dúas compiticións, a primeira o día 20 de xaneiro con motivo do Campionato Galego sobre a distancia de 20km, e a segunda compitición será o campionato de andalucía que se disputará en Punta Umbría unha semana despois, logo de rexietala invitación de ir a competir a Irlanda como o ano pasado (debido a que o campionato de Andalucía desenvolverase sobre 10km sendo a distancia en irlanda de 5km sobre pista Cuberta). A distancia longa é a máis idónea nestes momentos para realizar un bo test de cara ó obxectivo principal, o Campionato Nacional.(02)