As probas combinadas gozarán dun maior protagonismo dentro do calendario de competicións da FGA na presente tempada. Ademais da celebración do Campionato Galego de probas combinadas previsto para os días 1 e 2 de Marzo, realizarase o 2 e 3 de Febreiro ao aire libre o Criterium Galego de probas combinadas xunto ao Campionato Galego de veterans desta modalidade, outorgando así a posibilidade de realizar as mínimas para o Campionato de España nas distintas categorías. O responsable do sector, Julio Ventin Rivas mostrábase satisfeito con esta iniciativa que el mesmo propuso. (08)