Nunha mañá fría disputouse unha nova edición desta carreira popular que congregou a practicamente 450 deportistas nas tres carreiras disputadas (64 na carreira de Pitufos, 74 na escolar, e 310 na carreira absoluta).A última carreira disputada foi a absoluta, na que o atleta do Ourense Academia Postal David Rodríguez domiñou con certa claridade ao seu compañeiro Juan Antonio Pousa, sendo o terceiro en meta Manuel Prieto, do ADAS. Por parte das mulleres, a tamén ourensanista Iria Fernández non tivo problemas en vencer na súa categoría, seguida por Pilar Domínguez e Elena Naveiro (At. Venturiña). Resultados