Nas pistas da Univerdidad da Coruña, celebrouse o Campionato galego de Marcha en pista, cunha enorme participación que amosa o gan avance que se está a producir nesta disciplina en Galicia nos últimos ntempos. JORGE I. SILVA e LORENA LUACES, atletas do Ourense Academia Postal proclamáronse campións galegos absolutos Resultados Fotos Podium
A xornada comezou coa prova de 1Km. para a categoria benxamín onde resultaron vencedores NICOLAS FERNANDEZ do Cuntis cun rexistro de 7.08.4, en mulleres a vencedora foi a atleta do Vila cangués NOA GARCIA CON 6.45.2. na distancia de 2Km. categoría alevín resultaron vencedores DANIEL CHAMOSA do Cuntis con12.19.9 e MARIA ABELEDO do Narón con 11.19.3, para contiunar coa categoria infantil e cadete sobre unha distancia de 3K. Os vencedores en infantís foron ADAN GARCIA do Ria con16.24.2 e mulleres MARISOL DIZ do Cuntis con 16.51.1 , en cadete CRISTIAN COSTAS do Samartolameu con 15.341.8 e RORO CARBIA do Cuntis 15.43.3. Para rematar disputaronse os 5 k. nas distintas categorías Abs, Pr, Junior, Xuvenil e veteraranos.Os vencedores absolutos foron JORGE I. ZARZA con 20.38.2 e LORENA LUACES 24.56.5 ambos atletas do Ourense Academia Postal; promesa foron CARLOS MORALES con 25.27.4 e EUGENIA GANDOY con 25.40.1, en junior FERNANDO DOMINGUEZ com 25.05.0 e SAMANTHA MULLONI con 28.01.1, en xuvenís DAVID VEIGA e VERONICA LOPEZ con 23.14.6 e 28.11.4 Resultados Fotos Podium