Resultados

Comenzou o cross escolar en Santiago

O sábado 1 de decembro celebrouse a 2ª xornada de Campo a Través Escolar organizada pola Delegación de Atletismo de Santiago. Desta volta a afluencia de atleta superou as expectativas chegando a competir ata 51 nenos na categoría benxamín. Resultados

O sábado 1 de decembro celebrouse a 2ª xornada de Campo a Través Escolar organizada pola Delegación de Atletismo de Santiago. Desta volta a afluencia de atleta superou as expectativas chegando a competir ata 51 nenos na categoría benxamín. Estas xornadas servirán como preparación para as clasificatorias que se celebrarán no mesmo lugar (Parque Eugenio Granell en Santiago de Compostela) os días 15 de decembro (fase local) e 19 de xaneiro (fase zonal).Na entrega de premios estiveron presentes Andrés Fariña (Concelleiro de Deportes do Concello de Santiago) e Francisco Álvarez (Delegado de zona do Deporte en Idade Escolar).
Agradecementos especiais á colaboración prestada polo Concello de Santiago, polo Deporte Escolar Galego e por Cruz Vermella.E mención especial para Coca-Cola, que coa súa axuda fai posible que todas estas probas se poidan realizar. Resultados

Compartir: