Nunha mañá preciosa para a disputa dunha carreira de Campo a Través, disputouse o Memorial Belarmino Alonso. Comezou coa proba Juv/Xuñ. Masculina cos atletas portugeses comandando a carreira coa compañia de Rubén Rodríguez e Alvaro Liz, que ocuparían as dúas primeiras posicións seguidos do portugués Marcio Pereira. En cuarta posición, e primeiro Xuvenil, Jose Enrique Blanco. Resultados
Nunha mañá preciosa para a disputa dunha carreira de Campo a Través, disputouse o Memorial Belarmino Alonso. Comezou coa proba Juv/Xuñ. Masculina cos atletas
portugeses comandando a carreira coa compañia de Rubén Rodríguez e Alvaro Liz, que ocuparían as dúas primeiras posicións seguidos do portugués Marcio Pereira. En cuarta posición, e primeiro
Xuvenil, Jose Enrique Blanco.
Na Juv/Xuñ. Fem. saíron marcando o ritmo da proba Raquel Pereira, Sara Piáes (Xuñ.), xunto coa Xuvenil Remedios Rodriguez do Val Miñor, realizando unha boa carreira na que, ao final, conseguiu
superar a Sara Piáes.
A seguir saíron os Prom./Sénior masculinos, onde o santiagués Pedro Nimo impúxose con relativa facilidade, sempre á fronte da carreira. En segunda posición entraba Bruno Jesús, terceiro Daniel
Pinheiro e, entrando en cuarta posición, o “incombustible” José Carlos Adán, que, en brava loita, superaba ao lituano Robertas Geralavicius; sendo o primeiro promesa, netamente salientado entre os
da súa categoría, Gonzalo Porto del Celta.
Unha carreira segundo o previsto a teor das inscricións. Dulce Felix (primeira do ránking luso de dez mil) limitouse a saír diante e manter seu superioridade sobre a vencedora do pasado ano, Elsa
Marisa Barros, en terceiro lugar entraba a galega María J. Gestido, nunha meritosa carreira, recortando a distancia con respecto a Marisa Barros e ampliando a súa vantaxe sobre a nova “comesañense”
Patricia Pereira, que tamén realizou unha meritosa carreira. En quinto lugar entrou a olímpica Julia Vaquero, superando á “eterna” Soidade Castro, quen o pasado fín de semana gañáralle na pedestre
cangués. A primeira promesa da proba foi, entrando en sétima posición, Sara Pérez do Atletismo Feminino. Resultados