O Campionato Galego Absoluto de Pista Cuberta disputarase na Coruña o vindeiro 19 de xaneiro. Á marxe desta data organizaranse, polo menos, 5 xornadas máis, con toda a Pista Cuberta dispoñible. Esta foi algunha das peticións formuladas polo Presidente da FGA ao Concelleiro de Deportes de A Coruña, quen amosou o seu total apoio, para potenciar o atletismo de pista invernal en Galicia, o que permitirá abarcar a oferta a todalas categorías. Asemase o vindeiro 6 de decembro celebrarase no Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña) a fase final da Liga Escolar Caixanova.