Resultados

O campionato Xunta de Galicia dos 5K, despedirá o ano 2022

Baixo a organización da FGA e do Concello de Santiago, as rúas compostelás acollerán a algo máis de 225 atletas das categorías absoluta, Sub23, Sub20, Sub18 e máster no que será o último campionato galego do ano o vindeiro día 31 de decembro ás 17:00 horas.
Entre a relación de participantes que tomarán parte no Campionato Xunta de Galicia dos 5K en ruta, destaca a presenza da atleta máster internacional e gañadora da última edición na categoría F55 Soledad Castro do Comesaña S.C quen estará compañada por Manuel Suárez do Veteranos de Samil; Tina Fernández, Manuel Millara e Elvira Tresguerras do Atletismo SAR; Miguel Cabo do Milladoiro; Saturnino González do Ourense Atletismo; Xosé Pérez do San Paio A Estrada; Antonio Riera do Atletismo Deza; Amador Pena e Celina Rodríguez do S.D. Compostela; Yago Ignacio García do C.A. Santiago; Noelia Papín do Atletismo Sada e Mª de los Angeles Rodríguez da Atlética A Silva, todas elas e eles medallistas do último campionato desenvolto en Ames

Presenza de atletas internacionais

A maiores tamén estarán na línea de saída importantes nomes do noso deporte entre os que destacamos a da olímpica e plusmarquista nacional dos 5.000 m. Julia Vaquero do S.D. Compostela; a dos plusmarquistas mundiais Esther Pedrosa do Playas de Castellón e Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol, pechando este importante elenco de inscritos e inscritas as internacionais Sandra Mosquera do Comesaña e Pilar Barreiro do Atletismo Sada, por citar algúns.

Compartir: