Extraordinario balance para o atletismo galego: nove medallas no Campionato de España Cadete

Un total de nove medallas conseguiron os nosos cadetes que se desprazaron a Lorca para a dispusta do Campionato de España Cadete (último campionato nacional da tempada). De excelente podemos dicir das promesas do noso deporte, xa que lograron catro medallas de prata a cargo de Leticia Fernandez en 3000 cun rexistro de 10.20.76, Ana Dominguez en Xavalina 36,52, Roro Carbia 3 Km. Marcha 15.05.81 MMT, Sonia Beceiro em Exatlón xon 3.134 puntos E cinco de bronce en 1500 Obst. de Damian Gonzalez 4.26.46 MMT, (novo récord galego), Sara Abuin en disco 38,70 e xavalina 35,93( MMT en ambas probas),Soraya Blanco en Martelo 46,61 e Alicia Merino en Extahlón con 3.102. Este éxito completouse con seis finalistas Resultados

Foto xentileza de Nacho Rego : Leticia Fernández, actual medalla de plata en 3000 m.


Compartir: