Resultados

Xa se pode consultalo Ranking Galego provisioal da Tempada 2006/2007

Xa pode consultarse o Ránking Galego 2006/2007 (provisional). Se estrea novo formato, froito da aplicación do programa informático deseñado durante os últimos meses por Nacho Rego, quen realizou un excepcional traballo e que, con certeza, terá o recoñecemento dos diferentes colectivos atléticos.(…)

Xa pode consultarse o Ránking Galego 2006/2007 (provisional). Se estrea novo formato, froito da aplicación do programa informático deseñado durante os últimos meses por Nacho Rego, quen realizou un excepcional traballo e que, con certeza, terá o recoñecemento dos diferentes colectivos atléticos. Este módulo forma parte da xestión integral da Federación que abarca a partir do traballo a diario na Federación, pasando pola xestión cun único soporte lóxico de todos eventos atléticos, ata a actualización da propia páxina web. De tal maneira que o Ránking actualízase de maneira inmediata tras cada evento. O ránking en particular permitirá consultar as mellores marcas de cada atleta en todas as probas nas que participe, con tan só pulsar enriba do seu nome así como acceder ao historial de todas as probas de cada atleta. Nosas máis sinceras felicitacións a Nacho e esperamos que esta ferramenta sexa aproveitada intensamente por todos os clubs, atletas, prensa e afeccionados en xeral.

Nota: Como trátase dun proxecto que acaba de nacer agradeceriámosvos que nos fixérades chegar calquera suxestión, así como os posible erros ou omisión que detectedes nos datos.

Compartir: