Resultados

Onte reuniuse a Comisión Escolar e o Comité Técnico

Onte tivo lugar unha reunión na sede da FGA para elaborar unha proposta do atletismo escolar que se elevará a Dirección Xeral para o Deporte adaptada ás novas categorías da vindeira tempada.

Onte tivo lugar unha reunión na sede da FGA para elaborar unha proposta do atletismo escolar que se elevará a Dirección Xeral para o Deporte adaptada ás novas categorías da vindeira tempada.

Á mesma asistiu o Presidente da Comisión Escolar Agustín Gonzalez así como os membros desta, Jose Obenza (Vila de Cangas), Ruben Arrojo (María Auxiliadora), Pablo Gandoy (Lucus), Jose A. Pardal (Cuntis), Jose C. Tuñas (Coruña Comarca), Juan Luis e Paz Paz (Mercedarias Ferrol) e Marcos Carracedo (Adas). Tamén asistiron algúns membros do Comité Técnico, Javier Vazquez, Santiago Ferrer, Julio Ventin, Alfonso Ortega e o Presidente da Comisión de Clubes, Javier Ferreiro (Ria Ferrol), acompañados polo Presidente da FGA, Isidoro Hornillos e o Secretario Xeral Victor Arufe. Durante mais de 2 horas debatíronse distintos aspectos relacionados ca normativa técnica do atletismo escolar, como distancias, sistemas de puntuación, modalidades, etc. co fin de velar polo bo desenvolvemento do deporte escolar.

Compartir: