Resultados

Falece Roberto Rodríguez de Ozores, unha das glorias dos atletismo galego

Debemos lamentar o falecemento en Vigo, ós 89 anos, dun dos millores atletas galegos de do século pasado, o Dr. Roberto Rodriguez-0zores Fernández, que iniciado nos anos 30 coa Sociedade Ximnástica de Pontevedra, foi subcampión de España de salto de altura, en 1935, ós 16 anos, para continuar, en 1947, cos titulos de Campión nacional de decathlon, en Sagunto, con 5.105 puntos (táboa 1934), ó tempo record de España, coa camisola do Teucro pontevedrés. Foi múltiples veces Campión Galego de varios concursos asi coma de pentathlon e decathlon. En 1950 e 51 pasou ó Celta, do cal incluso chegou a ser adestrador do seu primeiro equipo de fútbol na tempada 1950-51. Deixa viúva, fillos e netos. Descanse en paz esta gloria do Atletismo Galego

Compartir: