O Comité Técnico da RFEA ten seleccionado a 46 atletas, 28
homes e 18 mulleres, para participar no XI Campionato do Mundo de Osaka que comeza o 24 de Agosto (ceremonia inaugural) e remata o día 2 de Setembro. En canto representación galega que acudirá ós
mesmos todos os ollares centraranse no marchador do Ourense Atletismo Academia Postal Santiago Pérez Alonso que tomará parte na proba dos 50 km marcha. Santi ten este ano un millor rexistro de
3.46.56 conquerido o 20 de Maio e que o sitúan no posto número dez do ranking mundial tralos italianos, rusos, noruegos, chineses e do madrileño e compañeiro de selección Jesus Angel García.