Resultados

Record Galego de Palomanes en Triple que xunto con Eva Costas e Sandra Mosquera participaron ca Selección Española na Copa do Mediterráneo

A selección Española Junior clasificouse na segunda posición en homes e 3ª en mulleres no encontro internacional da categoría junior disputado esta fin de semana en Florencia e que enfrontou ás seleccións de Francia, Italia e España. En canto á participación dos nosos destacamos o novo récord galego obtido polo saltador do Ourense Juan Alfonso Palomanes quen cun salto de 15.80 cm. acadaría un novo récord Galego Junior (o anterior rexistro lo tiñao el mesmo con 15.75 m. do mes pasado de Xullo) que asemade daríallela segunda plaza no encontro tralos 16.03 do italiano Buscella. En canto ó resto de atletas galegos destacamos a 3ª posición de Sandra Mosquera nos 1.500 cun rexistro de 4.32.58 e os postos 6º en Disco con 36.54 e 4º en Peso con 13.10 de Eva Costas Pérez. RESULTADOS

Compartir: