Resultados

Máis de corenta xuízas e xuíces do CGX aspiran este sábado ao Nivel I

O Comité Galego de Xuices efectuará un exame de ascenso á categoría de Xuíz Nivel I este sábado día 26 de novembro ás 17:00 horas na sala de xuntas da Federación Galega de Atletismo en A Coruña.

A esta proba están inscritos e inscritas un total de corenta e tres xuizas e xuíces territoriais cuxo obxectivo pasa por acadar o primeiro eslabón do rango nacional que lles permitiría actuar fora da nosa comunidade en competicións internacionais.

Lembramos que na actualidade existen as seguintes escalas:

Rango autonómico

  • Xuíz Autonómico: Os xuices autonómicos só poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario autonómico que se celebren na súa Comunidade Autónoma

Rango estatal

  • Xuíz Nivel I: Os Xuíces Nivel I poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra Comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ.
  • Xuíz Nivel II: Os Xuíces Nivel II poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra Comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ. Ademais, poderán ser nomeados para ser Xuíz Árbitro en competicións de calendario nacional que se celebren fose do estadio.
  • Xuíz Nivel III: Os Xuíces Nivel III poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra Comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ. Ademais, poderán ser nomeados para ser Xuíz Árbitro en todas as competicións de calendario nacional e tamén naquelas de nivel internacional que se celebren en España.

¡MOITA SORTE!

Fotografía: O Sil.info

 

Compartir: