Resultados

O Ourense Atletismo Academia Postal 8º no Campionato de España de Clubes

O Ourense Academia Postal en categoría masculina, que por primeira vez na súa historia participaba nesta competición na que toman parte os 8 mellores equipos nacionais por estadillo, non puido pasar do 8º posto final, aínda que a un só punto do sétimo clasificado, o A.D. Marathon. Vencía o Puma Chapín Xerez con claridade ao F.C. Barcelona, segundo.

A mellor prestación foi a do atleta filial de ADAS Luis Moro, na pértega, que vencía na proba cun chouto de 5,10 metros. Gran actuación tamén do nigeriano Patrick Ike, segundo nos 100 metros tras Angel David Rodríguez, con 10.52; Darío Vázquez foi terceiro nos 400 metros, cun rexistro de 48.32; e dous atletas lograron o cuarto posto de súas repectivas probas, Javier Fidalgo nos 400 valados e Alfonso Palomanes en lonxitude. Outro saltador, Taha Bakali, lograba o quinto posto na triple.
Resultados Homes Resultados Mulleres

Compartir: