Resultados

Renato Carnevali despídese de Galicia impartindo unha lección maxistral sobre os lanzamentos en idade escolar

O profesor italiano Renato Carnevali impartiu onte no INEF da Coruña unha conferencia sobre o ensino dos lanzamentos na etapa escolar. Renato xunto co profesor Raimundo Fernández insistiron sobre a necesidade de adaptar os pesos dos artefactos as características morfolóxicas do neno, aplicando así o principio da progresión das cargas. Ao acto asistiron numerosos adestradores galegos así como destacados atletas especialistas en lanzamentos. Con esta intervención a Escola Galega de Adestradores inicia un programa de formación de técnicos galegos que terá continuación ca presenza doutros recoñecidos adestradores nacionais e internacionais das diversas modalidades atléticas. Lembramos a necesidade de afiliarse a esta Escola para disfrutar de tódalas vantaxes da mesma. FOLLA AFILIACIÓN

Compartir: