Resultados

Todo a punto en Expourense para o Congreso Internacional de Turismo Deportivo

Os próximos 24 e 25 de novembro, coincidindo co V Salón do Deporte e Turismo Activo, Sportur Galicia, celebrarase no recinto Feiral de Expourense o Congreso Internacional de Turismo Deportivo, unha iniciativa conxunta de Turismo de Galicia e da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense e Turismo de Galicia a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (EXPOURENSE).

O congreso ten o obxectivo de afondar nas oportunidades do turismo deportivo como motor do desenvolvemento local e autonómico, polo que dentro das xornadas contarase con expertos na materia e analizaranse experiencias de éxito de diferentes destinos a nivel mundial que permitirán explorar vías de crecemento neste sector económico e de emprego tan significativo como é o do turismo e o deporte.

Este foro será unha gran oportunidade para debater sobre novos enfoques, sustentabilidade, movilidade sostible ou protección do medio ambiente e dos recursos, entre outros temas.

O atletismo presente no acto

O atletismo un ano máis estará presente nesta importante cita internacional. Desta ocasión será o Director de Competición da Real Federación Española de Atletismo Luis Saladie quen interveña nunha das ponencias para falar do Impacto dos Campionatos de España de Atletismo o día 24 de novembro as 12:30 horas

Inscripcións de balde

Lembramos que á inscrición no congreso será de balde podendose realizar a mesma a través de https://sporturgalicia.com.Tamén se pode obter información adicional a través da secretaria técnica no +34 988 36 60 30 ou no mail: directordeportivo@expourense

Compartir: