OITO MEDALLAS PARA OS ATLETAS GALEGOS. Nas pistas de Ciudad Real celebrouse o Campionato de España Promesa.Os atletas galegos conseguiron un total de 8 medallas: EVA IGLESIAS GONZALEZ proclamouse campiona na proba de 10 Km. cun rexistro de 52.21.22., ISAAC VICENTE LANDIN asemade acadou a medalla de ouro en martelo cun rexistro de 62,75, medalla de prata para o pertigista LUIS MORO MORO con 4,90 mtrs.Na última xornada BEGOÑA GARRDO BARRO fixose coa medalla de prata en 400 con 55.69 quedando a 18 centesimas do ouro, outra medalla de ouro correu a cargo de IVAN IGLESIAS CARBALLO en 5000 cun rexistro de 14.41.24, millorando a sua marca da tempada, mentres que o seu compañeiro CARLOS VILLAMOR acadaba o bronce nesa mesma carreira. Ouro para VICTOR GALLEGO BERNARDEZ en disco cunha marca de 49.19 mtos., tamén ELENA ESTEVEZ CABRAL logró a medalla de ouro en peso con 12,13 mtos. Por autonomías Galicia tivo un total de 21 finalistas, o que a clasifica no 6º lugar de todalas federacións autonómicas.
!!!Noraboa a todos!!! foto: Elena Estevez (cortesia de Flor Curras)
Resultados on directo Actuacción Galega
A primeira xornada traeunos as primeiras medallas que conseguiu Eva Gonzalez en 10 Km. cun rexistro de 52.2122, Isaac Vicente
Landin en martelo con 62,75 e prata para Luis Moro en pértega con 4,90.
Clasificáronse para a final Begoña Garrido en 400 con 55.63 e Gonzalo Porto métese na final de 800 ao facer en semifinais unha marca 1.53.43
En homes en combinadas participa André Parcero que leva uns parciais de 12.39 en 15,60 en lonxitude e 8,16 en peso , 1,62 en altura e 54.03 en 400 metros