Ata Santiago desprazáronse numerosos membros da comisión de deporte escolar da FGA para abordar as necesidades actuais do atletismo galego dentro do programa de deporte en idade escolar da Xunta de Galicia. A reunión estivo presidida por Agustin Gonzalez (Presidente do Comité Escolar) e contou ca presenza de Carlos Tuñas (Coruña Comarca), Pablo Gandoy (Lucus), German Alonso(Salesianos), Jose Obenza (Vila de Cangas), Jose A. Pardal (At. Cuntis), Victor Ónega (Experto en deporte escolar). Asemade participó o Presidente da FGA, Isidoro Hornillos, e o Secretario Xeral, Victor Arufe. Expúsose ao longo de mais de 4 horas todalas debilidades e carencias do actual atletismo galego para as categorías inferiores, e tentouse establecer as medidas oportunas para paliar estos déficits e lograr unha promoción e achegamento do atletismo aos mais xóvenes. Finalmente redactouse unha proposta de programa que presentarase á Directora Xeral para o Deporte nos próximos meses. Agradecemos o esforzo de todos estos membros que se achegaron ata Santiago e desexamos que este programa sexa aprobado para levar acabo o próximo ano 2008.
Ata Santiago desprazáronse numerosos membros da comisión de deporte escolar da FGA para abordar as necesidades actuais do atletismo galego dentro do programa de deporte en idade escolar escolar da Xunta de Galicia. A reunión estIvo presidida por Agustin Gonzalez (Presidente do Comité Escolar) e contou ca presenza de Carlos Tuñas (Coruña Comarca), Pablo Gandoy (Lucus), German Alonso(Salesianos), Jose Obenza (Vila de Cangas), Jose A. Pardal (At. Cuntis), Victor Ónega (Experto en deporte escolar). Asemade participou o Presidente da FGA, Isidoro Hornillos, e o Secretario Xeral, Victor Arufe. Expúsose ao longo de mais de 4 horas todalas debilidades e carencias do actual atletismo galego para as categorías inferiores, e tentouse establecer as medidas oportunas para paliar estos déficits e lograr unha promoción e achegamento do atletismo aos mais xóvenes. Finalmente redactouse unha proposta de programa que presentarase á Directora Xeral para o Deporte nos próximos meses. Agradecemos o esforzo de todos estos membros que se achegaron ata Santiago e desexamos que este programa sexa aprobado para levar acabo o próximo ano 2008.