Resultados

O ADAS-CUPA revalida os títulos absolutos de clubs en campo a través

Esta fin de semana o Concello de A Rúa daba acollida á disputa do Campionato Xunta de Galicia de Clubs de Campo a Través a onde acudían preto dunha vintena de conxuntos a tomar parte.

Nesta edición o máis salientable foron os triunfos en ambas categorías absolutas do ADAS CUPA quen desta maneira conseguía revalidar os títulos acadados o ano pasado na Illa das Esculturas de Pontevedra. O equipo gañador foi liderado por María Cedrón e por Ignacio García que conseguían impoñerse nas súas respectivas carreiras sumando a maiores os vermellos, o campionato galego na modalidade de relevos mixto

Ocuparon postos de podio nesta categoría absoluta o A.Femenino Celta e S.D.Compostela Atletismo en mulleres, repetindo novamente os compostelanistas da S.D.  un posto de honra xunto á formación do C.Atletismo Ribadeo na masculina.

No resto, cabe salientar os triunfos por equipos da Atlética Lucense quen se fixo cos títulos nas categorías Sub18 e Sub16 femininas así como na Sub18 masculina, recaendo as primeiras posicións respectivamente nas lucenses Xela Martínez, Amparo Corredoira e Héctor Rodríguez do C.D. La Purísima.

O título na categoría Sub20 foi para a Sociedad Gimnástica en mulleres e para o Real Club Celta en homes con Branca Fernández e Mateo Rodríguez asumindo a función de líderes das súas formacións.

Por último nos Sub16 e Sub23 homes, triunfo no colectivo para A.D. Fogar e C. Atletismo Santiago nunhas carreiras que foron gañadas respectivamente por  Asheber Díaz da Agrupación Viguesa e por Roi Estévez do Atletismo Santiago

Compartir: