Este xoves dia 28 reuniráse nas instalacións da Fundación Deporte Galego en Santiago de Compostela a comisión de deporte escolar da Federación Galega de Atletismo. Ao acto asistirá o Presidente da Federación Galega de Atletismo e o presidente da Comisión Escolar, así como os clubes membros desta. Nesta reunión trataráse de establecer unha proposta para elevar a Xunta de Galicia sobre a normativa de campo a través e pista escolar de cara a próxima tempada 2007/08. O prazo de presentación de propostas está aberto ata as 20:00 horas do martes dia 26.