Resultados

VANTAXES AFILIADOS

O Consello Directivo da EGA estamos traballando para ir aumentando as vantaxes ano tras ano. Por iso agradecemos as suxerencias que os afiliados nos fagan chegar.
Todolos afiliados a EGA gozarán das seguintes vantaxes:

  1. Participar nas actividades que desenvolva a EGA.
  2. Participar nos cursos teóricos e prácticos que para a formación de técnicos deportivos e adestradores sexan convocados pola escola, previa aceptación das condicións en cada caso.
  3. Posibles subvencións do Plan Galego de Tecnificación Atlética.
  4. Descontos nos cursos, congresos, seminarios, etc. que organice a EGA.
  5. Descontos na compra de publicacións (libros, revistas, monografías, etc.) que edite a EGA.
  6. Posibilidade de utilizar o servicio de préstamo de obras da biblioteca.
  7. Recibir de balde a información técnica do servizo de publicacións da EGA.
  8. Inclusión dos seus datos persoais e currículo na bolsa de traballo da EGA.
  9. Inclusión no censo galego de adestradores.
  10. Expedición do carné de afiliado da EGA, o cal daralle beneficios e vantaxes en empresas asociadas.
  11. Ter cuberto un seguro de responsabilidade civil e seguro deportivo obrigatorio
  12. Poder ser convidado como adestrador oficial da Selección Galega.
  13. Recibir anualmente o Ranking e Regulamentación da tempada.
  14. Posibilidade de ter acceso a axudas económicas ou materiais aos adestradores da FGA según o Plan de Tecnificación Atlética.
  15. Outros posteriores a esta normativa que se acorden no Consello Directivo da EGA.

Compartir: