A Selección Galega Absoluta Masculina acada ó ascenso a Primeira Categoría do atletismo español tras vencer en Avilés

O atletismo galego acadóu un importante éxito neste fín de semana cunha brillante victoria da selección masculina en terras asturianas e ó séu retorno á máxima categoría do atletismo español, así como a sobresaínte actuación da selección femenina en Córdoba, conseguindo a quinta posición e afianzándose entre as millores.

Resultados Homes VIDEO 0 VIDEO 1 VIDEO 2 VIDEO 3 VIDEO 4

Un dos obxectivos establecidos pola FGA para esta tempada cumpliuse logo de acadar o equipo feminino a quinta posición no Torneo de Primeira División acontecido en Córdoba, asegurando desta maneira a súa continuidade na máxima categoría do atletismo español unha tempada máis. Asemade, a recuperación da máxima categoría por parte do equipo masculino, que acadóu a victoria e ascenso directo no seu encontro de Segunda División desenvolvido en Avilés. A FGA transmite a súa felicitación a todos os membros da selección masculina e femenina, así como ós seus adestradores e clubes polo importante éxito acadado

Do encontro de Aviles, resaltar o aplastante dominio do mediofondo galego donde Victor Rioboo demostrou unha gran superioridade sobre o resto de participantes nunha proba táctica dos 800 metros na cal finalizou en primeiro lugar cun rexistro de 1´52´´01, o mesmo sucedeur nos 1500 ml donde o galego Gustavo Platas, adestrado igualmente por Carlos Landin, superou con facilidade ao resto dos contrincantes entre os que se atopaban o extremeño Pablo Villalobos.
Tamén foi excelente a actuación dos saltadores galeos, Alfonso Palomanes que cun salto de 15,40 aventaxouse claramente do resto de contrincantes,adxudicándose a victoria. Mentres que Hilberto Ary, obtiña unha mellor marca de 7,73 en lonxitude, logrando así a maxima puntuación para Galicia.
En relación ao sector de lanzamentos, destacar a victoria de Isaac Vicente Landin que lanzou o martelo a unha distancia de 60,95 metros, o segundo posto de Raimundo Fernandez na xabalina e os terceiros postos de Fernando Paredes en peso e Martin Brea en disco.
Por último, e como colofón final Galicia gañaba ambos relevos demostrando unha gran superioridade sobre o resto de equipos. Os integrantes galegos do 4×100 foron Ike Patrick, Hilberto Ary, Miguel Gomez e David Rodríguez cun rexistro de 42,24, namentras que o 4×400 formaronno Dario Vazquez, Javier Fidalgo, Gustavo Platas e Victor Rioboo cun tempo de 3´16´´96. Ó remate, e trala entrega do trofeo de campións soaba no Estadio de Avilés “A Rianxeira” a cargo das voces victoriosas e loitadoras dos membros da Selección Galega.

Compartir: