Como de moi brillante pódese catalagar a actuación das atletas galegas e galegos no Campionato de España Máster desenvolto esta fin de semana nas modalidades de Decatlón, Pentatlón de lanzamentos, 10.000 m. e Milla en pista.
Ata un total de dez medallas (nove ouros e un bronce) foi o balance logrado polos dez atletas que ata a localidade malagueña de Estepona viaxaron para tomar parte neste campionato nacional. A maiores tamén se voltou cun récord de España, catro récords de Galicia e un récord do Campionato.
Entre as actuacións compre salientar os dous títulos de España máster 70 do atleta do Samertolameu Pablo Fervenza, o cal lograba os triunfos nas probas dos 10.000 m. cun rexistro de 42:23.58 así como da proba da Milla na que ademáis lograba establecer un novo récord de España cun crono de 6:01.73.
A maiores Jose Domínguez de A Silva lograba o Campionato nacional na proba de decatlón na categoría M50 cunha puntuación total de 5990 p. o mesmo que faría a tamén atleta de A Silva Angeles Rodríguez, quen en Heptatlón remataba cunha nova plusmarca galega ao sumar 3.450 puntos. Nas mesmas combinadas, o pontevedrés do Atletismo Narón Carlos Ferrer facía bos os 5.888 puntos logrados en decatlón para colleitar a medalla de ouro e establecer ao mesmo tempo un novo récord do campionato
Na modalidade de Pentatlón de Lanzamentos destacaron especialmente as nosas e nosos atletas xa que tanto Javier Viteri do Samertolameu na M60 como Ana María Abuin de A Silva na W60, foron outras e outros dos que lograban sumar un título nacional ao seu palmarés logo de establecer respectivamente 3.380 e de 2.608 puntos. Sen abandonar esta modalidade combinada de lanzamentos, a ourensá e plusmarquista nacional Emilia Mesa domiñaba a súa proba na categoría W65 con 2.925 puntos que representan ademáis, un novo récord de Galicia da categoría.
Nas probas de pista, non menos importantes foron os resultados que colleitaron Amador Pena da S.D. Compostela Atletismo, o cal remataba a proba da milla M40 nunha extraordinaria terceira posición cun rexistro de 4:34.91 que supón un novo récord de Galicia. O tamén compostelanista Emilio García entraba en meta na proba da milla M45, nunha boa sexta posición.
Por último a plusmarquista mundial Esther Pedrosa, facía bos os prognósticos e engadía un novo campionato de España máis ao seu dilatado e extenso currículo. Nesta ocasión era na proba de milla en pista W60, cun tempo oficial de 5:47.16.