O atleta do Ourense Atletismo Academia Postal, Santiago Pérez, acaba de ser incluido na lista de atletas seleccionados para acudir ós Mundiáis de Osaka (Japón) segúndo deu a coñocer a RFEA en comunicado emitido o dia 13 na súa páxina oficial.
Santi tomará parte na proba dos 50 km. xunto a Mikel Odriozola e Jesús Angel García. Lembramos que o marchador do Ourense, está cuaxando unha tempada fantástica e, na que xa fai unhas datas acadaría na Copa de Europa de Marcha disputada en Leamington (GBR) un tempo de 3h.46.56 conquerindo a 7ª posición e contribuindo de maneira importantísima a que España acadara a medalla de plata por equipos con 23 puntos, tralos Rusos con 8 puntos e por diante dos Franceses con 43 puntos.