Onte celebrouse en Balaidos a xornada de División de Honra donde dous equipos galegos, Sociedad Gimnástica e Celta xogábanse a permanencia nesta categoría. Acompañados por boas condicións climatolóxicas e un público moi expectante os equipos galegos ofreceron todas as suas bazas para intentar superar aos equipos visitantes, unha forte UPV e un competitvo Scania de Navarra.Resultados
Onte celebrouse en Balaidos a xornada de División de Honra donde dous equipos galegos, Sociedad Gimnástica e Celta xogábanse a permanencia nesta categoría. Acompañados por boas condicións climatolóxicas e un público moi expectante os equipos galegos ofreceron todas as suas bazas para intentar superar aos equipos visitantes, unha forte UPV e un competitvo Scania de Navarra.
A medida que se celebraban as probas os delegados dos equipos galegos seguían minuto a minuto a puntuación de ambos equipos, mostrando en todo momento unha indeseada igualdade entre os 4 clubes paricipantes. Finalmente, os relevos sería a proba mais esperada para marcar diferencias e poder optar á permanencia de ambos equipos. Nos 4×100 os equipos galegos foron abatidos polos visitantes, mentres que nos 4×400 e cuns excelentes rexistros de 3´17 segundos o Celta acadaba a 2º posición e a Gimnástica entraba en 3º lugar. Por últmo e a pesar do gran esforzo feito polos atletas Célticos os contricantes non respetaron as baixas de Contreras e outros atletas blanquiazules que puideron influir positivamente na puntuación de este fantástico equipo galego, o que o desplazou á ultima posición cun total de 166,5 puntos. Mais favorable foi a xornada para a Gimnástica de Pontevedra que ata a ultima proba loitou insaciablemente e logrou por tan so medio punto (171) superar ao Scania de Navarra (170,5) acadando así a permanencia en División de Honra. O titulo do encontro foi para a UPV que se aventaxou ao resto dos equipos xa dende a metade da xornada (180 puntos). Tralo salto de alegria dos atletas pontevedreses os mesmos procederon primeiramente a lanzar á ria o seu delegado Jesus Cortegoso e posteriormente tirouse cada un dos atletas deste club tiñiendo a ria dos colores blanquiazuis pontevedreses. Dende a FGA felicitamos a ambos equipos galegos polo seu esforzo e dedicación e desexamos que o Celta ascenda novamente a División de Honra, que é donde merecese estar. RESULTADOS
Por outra parte o Ourense Atletismo na categoría femenina logrou o ascenso a División de Honra no encontro disputado en Santander este fin de semana. Noraboa para este club que xa conta con a sua presenza en ambas categorias na maxima división de clubes. RESULTADOS
O Ria Ferrol gañou o encontro da fase de descenso acadando así a súa permanencia en División de Honra un ano mais. RESULTADOS