Resultados

O atletismo será protagonista nas Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia

O pasado día 26 de setembro fíxose pública a través do DOG a resolución pola que se outorgan as distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2022 a un total de 106 deportistas en recoñecemento da súa labor, tracectoria exemplar e contribución á promoción, fomento e excelencia do deporte ou da educación física.

Na mesma, un total de doce distincións foron outorgadas a persoas que gardan unha estreita relación co noso deporte, moitos dos cales continúan en activo formando parte da cara visible no día a día.

Desde a Federación Galega, unímonos a eses máis que xustos recoñecementos que poñen en valor o gran traballo levado a cabo por todas e cada un deles.

O acto levarase a cabo este mércores día 5 ás 17.00 horas, estando presidido polo Presidenta da Xunta Alfonso Rueda.

Apuntamos unha breve reseña de cada protagonista.

  • Agustín González ¨Tinin¨, (O Barco) destacado e carismático directivo e adestrador, é o alma mater do ADAS CUPRA e o gran impulsor do tecido atlético na comarca de O Barco.
  • José Manuel Hermida García (Vigo). O gran forxador de lanzadores na zona de Vigo, recibe con este recoñocemento unha xusta recompensa a toda unha longa e fructífera traxectoria como adestrador
  • Daniel Aguilar (Lugo) Campión de España máster en máis dunha ducia de ocasións en probas de marcha. É pai da destacada maratoniana olímpica Alessandra Aguilar.
  • Isidoro Feijoo Anseán. (Lugo) formou parte da chamada ¨xeración de ouro¨do atletismo lucense na época dos anos 1970 chegando a ser internacional Sub18.
  • Germán González Sánchez (Pereiro de Aguiar), adestrador Ourensá e gran impulsor do atletismo tanto na cidade de As Burgas como de Pereiro de Aguiar donde dinamiza e preside o club Ben Cho Shey.
  • Manuel de Castro ¨Handicap¨ (Vigo), Está considerado o gran precursor da fusión entre o Real Club Fortuna de Vigo e el Real Vigo Sporting Club que en 1923 daría orixe ao Club Celta fundando a súa vez a sección de atletismo.
  • Manuel Teijeiro Valledor (Lugo), desde as parcelas de atleta, directivo e Presidente do Lucus Caixa Rural, é unha das caras máis carismáticas e recoñecibles dos últimos decenios en Lugo. Foi atleta internacional e vicepresidente da FGA.
  • Maria Dolores García Pérez, (Vigo) É unha das pioneiras do atletismo galego. Chegou a a ser campioa de España e atleta internacional na década dos anos sesenta.
  • María Luisa Armesto Miguel (A Coruña). A veterana atleta coruñesa destaca polos moitos anos de práctica e involucración en proxectos atléticos que pasan na actualidade polo C.A.Sada.
  • Ramiro Losada bastos (Pontevedra). Moi vencellado ao deporte a nivel xeral foi presidente da Federación Pontevedresa de Atletismo nos anos 1980 a 1985.
  • Serafin Carballo Carballeira (Lugo) O atleta lucense estivo becado na Residencia Joaquín Blume de Madrid chegando a ser atleta internacional de mediofondo nos anos oitenta. Cos anos, chegou a ser concellal de Deportes en Lugo.
  • Soledad Castro Soliño (Vigo) A carismática atleta do Comesaña S.C. permanece en plena actividade na actualidade sendo todo un referente. Amosa un dos mellores curriculums máster tanto a nivel nacional como internacional.

Entre os homenaxeados tamén figuran as entidades da Escola Naval Militar de Marín, Real Club Celta de Vigo, Real Club Deportivo de A Coruña, Sociedade Deportiva Compostela e a Sociedade Deportiva Samertolameu.

Compartir: