Resultados

Xuntanza entre o Presidente da Federación Galega e a Directora Xeral de Deportes da Xunta de Galicia

Este xoves 7 de xuño o Presidente da FGA Isidoro Hornillos entrevistóuse coa Directora Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, Marta Souto. A xuntanza desenvolveuse nas dependencias de San Lázaro. No transcurso da mesma, abordáronse unha serie de temas de interese para o atletismo galego. Entre eles, destacan as subvencións, a tecnificación, o deporte en idade escolar e as infraestruturas.

O Presidente da FGA, comprometeuse coa Directora Xeral a presentarlle neste mes de xullo unha proposta de modelo de desenvolvemento sobre a oferta do atletismo do Deporte en Idade Escolar en Galicia para o vindeiro curso 2007/2008. Por outra banda, ofreceu a máxima colaboración institucional desde a FGA á Dirección Xeral de Deportes e expresou a necesidade de manter un diálogo permenente e fluído sobre as cuestións que afectan ao atletismo galego. O presidente entregou á Directora Xeral un amplo dossier sobre os temas máis importantes que afectan aos diferentes estamentos federativos (atletas, clubs, adestradores e xuíces).

Compartir: