Resultados

Histórico triunfo de Galicia no Campionato de España de Probas Combinadas

Esta pasada fin de semana na localidade de Monzon o equipo Galego de Probas Combinadas logrou o título de Campión de España cunha puntuación total de 14.449 puntos. Alvaro Contreras, David Gómez e Lito Martínez foron os protagonistas da hazaña deportiva.

O equipo Galego integrado por David Gómez, Alvaro Contreras e Manuel Martínez logrou impoñerse as seleccións de Catalunya 13.706, Murcia 12.434 e Comunidad Valencia 11.769 puntos respectivamente. A actuacións de nosos representantes foron sobresalintes. Alvaro Contreras realizóu unha gran competición con marca persoal incluída; David Gómez demostróu que está no bó camiño para superar os 8000 puntos, tras superar os problemas de lesións e “Lito” tivo tamén unha fantástica actuación.
Os rexistros máis salientables foron para as probas de lonxitude e de 1.500 m. onde Contreras acadaría a primeira posición seguido de David Gómez; nos 400 m. con Contreras de primeiro e nos 110 m.v e na xavalina con victorias desta vez para David Gómez.
Así as cousas Alvaro Contreras acadaría a segunda posición sendo David quinto, (sen duda perxudicado polos seus nulos no concurso de pértega) e décimo quinta posición para Manuel Martínez. RESULTADOS

Compartir: