Será con motivo da disputa do Campionato Galego Cadete e Xuvenil, a celebrar nas Pistas da Universidade o vindeiro domingo 20 de maio en Lugo, cando comence a practicarse con este sistema de Video Finish, de forma paralela con outro equipo oficial. Conta ca tecnoloxía máis moderna do panorama atlético nacional xa que simplifica de forma relevante o proceso de medición. Entre outras aportacións, dispón de telemetría o que elimina o necesario cableado de outros sistemas. Este equipo foi subvencionado totalmente pola Diputación Provincial de Lugo.